Este sábado, 14 de decembro, o Centro Ágora da Coruña, na Avenida Gramela, acolle o ‘Congreso Narrativas’, organizado dende a Asociación de Escritoras e Escritoras en Lingua Galega (AELG). O encontro periódico supón un espazo para a reflexión sobre o sistema literario, ollando as preocupacións de escritoras e escritoras e levándoas a análise. O acceso ao evento é gratuito ata completar aforo e os interesados poden realizar a súa inscrición ata este mércores a través do correo electrónico oficina@aelg.org.
O sábado 14, na Coruña, a AELG organiza o Congreso de Narrativas, con entrada libre. Podes anotarte até o día 11 en oficina@aelg.org: https://t.co/C1SzBMpbkp @DACCultura @CEDROenlinea @centro_agora @bertadavila @myanllo @ismaelramos_ @xafoi @sica_romero @fabiorp_ @Loisperezdiaz pic.twitter.com/Hax9KWvTr9
— AELG (@aelg) December 9, 2024
O encontro comeza ás 10:15 horas da mañá e a primeira dinámica ofertada é unha mesa redonda ao respecto da diversidade de formatos para a construción de narrativas, que desenvolverán María Yañez, Ismael Ramos e Álvaro Gago. Logo dunha pausa para o café, ata as 14:00 horas será desartellada a estrutura do conto noutro faladoiro. Unha vez sexan realizadas as seguintes mesas planificadas, “O mundo no palma dunha man” e “A narrativa galega máis nova: temas, enfoques e perspectivas”, a xornada pecha ás 20:00 horas da tarde cunha actuación musical a cargo de Lois Pérez.