Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O Premio Manuel Beiras recoñecen o uso do galego das empresas Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers

Na súa vixésimoquinta edición, os Premios Manuel Beiras seleccionan a empresas do panorama territorial que empreguen e impulsen o uso do galego. Desta volta, co lema “En galego, empresa/comercio + intelixente”, as marcas recoñecidas son Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers. A gala tivo lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela este dous de decembro, presidida pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e pola presidenta da Cámara de Comercio, María Pais.

Recoñecementos e recoñecidas

Ela Diz foi a recoñecida polo seu uso continuado do idioma galego. O xurado argumentou a escolla por ser “exemplo de integración e respecto á cultura de acollida” por parte de quen abriu un negocio de moda responsable provinte de fóra de Galicia. Deste xeito, foi valorada tanto a proxección da lingua como “da tradición galega cara un público”.

Por recente incorporación, o galardón foi para a operadora de telecomunicacións santiaguesa Toxo Telecom, debido ao seu “valor diferencial” no referente ao uso da lingua. Valorouse que o fai “cunha comunicación en clave de humor e próxima á clientela” e tamén “coherentemente como soporte de traballo interno”.

Chichalovers é a terceira empresa, agora no eido da restauración, recoñecida pola súa comunicación innovadora. O xurado destacou en especial: “Vincula a produción dunha granxa familiar co Mercado de Abastos e logo co establecemento pon en valor o territorio, o produto de proximidade e a nosa cultura cunha comunicación orixinal e desenfadada”.

 

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.