Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O Portal das Palabras agarda a túa proposta de “Palabra do ano 2024”!

A Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié abriron este martes, 26 de novembro, a primeira fase da campaña para escoller a ‘Palabra do Ano 2024’, unha iniciativa promovida a través do ‘Portal das Palabras’, que ten habitlitado o buzón para as propostas dentro do seu sitio web ata o domingo, 8 de decembro.

O mércores, 11 de decembro, serán anunciadas as verbas finalistas e comezará a fase de votación telemática, que permanecerá aberta ata o mércores 25. Finalmente, a palabra elixida anunciarase nos últimos días do ano. O obxectivo da iniciativa é “implicar á cidadanía na identificación de vocábulos que sinalen temas destacados na conversación públicas dos últimos meses”, é dicir, que resuman como se viviron colectivamente e poden ser tanto tradicionais da lingua galega como neoloxismos non rexistrados no Dicionario da RAG. Máis información en Galicia Confidencial.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.