Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

José Loira: “Comecei a falar galego tras ler un artigo que dicía que desaparecerá en 50 anos”

José Loira ten 40 anos, é de Baiona e é enxeñeiro de telecomunicacións. Comezou a estudar galego hai un ano a través dun curso online e con inmersión lingüística a través das redes sociais e dos medios públicos galegos, TVG e RG.

José Loira decidiu falar o noso idioma porque leu un artigo que dicía que ao galego só tiña 50 anos de vida. Foi entón cando se decatou que no seu entorno familiar e de amigos ninguén, ou moi pouca xente, falaba esta lingua. “As parellas da miña idade falaban xa entre elas en castelán e tamén lles falaban aos fillos en castelán e decateime de que, efectivamente, o galego ía desaparecer”, lembra.

Por iso decidiu falar o noso idioma para “revertir esta situación”. A súa decisión foi ben acollida e mesmo algún amigo comezou a falar con el en galego. “É a nosa lingua e non a podemos deixar morrer”, destaca ao tempo que salienta que é unha ferramenta “útil”.  Tamén recoñece que hai estigmas á hora de falalo, sobre todo, “o famoso autoodio” e que falalo “faite menos”.

 

1 Comenta

  • TNL
    Enviou 31 Marzo, 2022 ás 15:54

    Cal é ese artigo?

    Sería interesante achegárde-la referencia bibliográfica, por favor.

    Beizóns

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.