Guido Álvarez Parga ten 36 anos. É guía turistica e profesor na UNED. Asegura que sempre tivo conexión co galego pero foi cambiando o seu uso progresivamente. “Pasei de falalo menos do 50% a ser o meu idioma común”, asegura. “O galego é a lingua que me fai vibrar, que me emociona“, engade.
Lembra que a súa familia o ambiente era máis castelán-falante e na escola “aínda máis”. Foi no ámbito universitario onde máis se impulsou o meu amor polo galego“, sinala. Di ter moitos motivos para falalo; “o primeiro é o das emocións e o que significa para nós a inxustiza de linguas maltratadas pola historia, como é o galego”. “Trátase dunha defensa cultural e identitaria do noso que temos que preservar”, insiste.