Elena Veres, xornalista que traballa no sector audiovisual, comezou falando en galego como moita xente: ao chegar á Universidade.
Grazas ás súas amizades, integrou o galego na súa vida como unha sinal de identidade e levouno con ela á casa. “Aínda que non mo diga, sei que o meu é o que máis se alegrou de que eu empezase a falar galego, porque el é galegofalante”.
E di que lle gusta máis a Elena de agora: “Síntome máis eu sendo galegofalante”.