Hai momentos nos que unha lingua deixa de ser só unha ferramenta de comunicación para converterse nunha cuestión persoal. Esa transformación é a que describe Diego Madarnás, estudante de primeiro curso de Economía na Universidade de Santiago de Compostela, quen iniciou un proceso de reflexión arredor do galego durante a súa etapa no instituto.
Ata ese momento, o idioma formaba parte da súa vida cotiá sen unha reflexión consciente. “Eu xa falaba galego na casa, pero non era galegofalante todo o tempo”, explica. O uso variaba segundo o contexto: coas persoas maiores da familia empregábao con normalidade, mentres que con outras alternaba co castelán.
Máis información en Galicia Confidencial