Pablo Rañales ten 24 anos, é de Mugardos e é xornalista e escritor.
Sempre falou castelán pola influencia da comarca de Ferrolterra, pero despois de facer o seu Erasmus en República Checa, decidiu comezar a falar en galego.
Di que percibiu moita ilusión por parte das súas amizades cando comezou a falar en galego, pero si que…
Andrea Rey ten 29 anos e é de Ribadumia e só hai catro meses que empezou a falar en galego, pero o fixo con ganas ao promover o seu proxecto 'Movemento' en galego.
Explica que sentiu o estigma, que segue a "ser forte", pero sostén que ela non se deixa minar a súa dignidade como galegofalante…
Lucas Lastra naceu een Vigo hai 26 anos e é agricultor desde que chegou a Galicia, xa que marchara ás Illas Canarias durante dous anos.
Nese momento tamén decidiu comezar a falar en galego, xa que "era o momento de conectar máis coa terra e coa xente que estou vivindo".
Agora, séntese moi contento por falar en…
Xabi Vidal, de Donosti, levan uns anos vivindo en Santiago de Compostela e é Educador.
Desde que chegou á nosa terra apostou pola defensa da cultura popular, polo que decidiu comezar a falar en galego.
Explica que tivo moito apoio e que a xente animouno a falar a nosa lingua, pero recoñece que existe o estigma.
Aila Weng ten 26 anos e é do Barco de Valdeorras, aínda que agora vive na Coruña, xa que traballa como adestradora.
Leva menos dun ano falando galego, desde outubro, pero ten claro que para ela é "un privilexio poder contar coa lingua galega", polo que quere seguir fálandoa en todos os ámbitos da súa vida.
Telmo Cillero, de 33 anos e nado na Coruña, sempre falou en castelán, pero un día decidiu mudar de lingua porque sabía que os seus antepasados falaran esta lingua.
Para el, "recuperar a lingua é cuestión de orgullo e de amor propio" e di que se sente moito mellor consigo mesmo desde que fala galego.
Carmen Veiga naceu en Madrid, pero casou cun barreirense e xa pasou toda a vida en Galicia.
Di que ao principio, cando empezou a falar galego, ríanse dela, polo que decidiu levar o galego ás aulas, onde os nenos non eran tan crueis.
Agora e desde aquela, sempre fala en galego porque explica "eu sei falar moi…
Álex Rodríguez é da Coruña, aínda que agora está estudando en Santiago.
Comezou hai tres anos a falar en galego e pouco a pouco foi trasladando a lingua á súa vida.
Anima a todos a que o falen, a pesar do estigma e de que nas urbes como na Coruña, de onde vén, haxa prexuízos porque pensa…