O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o Concello estuda lanzar axudas de 200 euros para que as familias que o desexen poidan galeguizar as lápidas dos seus defuntos no cemiterio municipal. En concreto, o goberno local habilitará un fondo de 10.000 euros nos seus orzamentos para 2022.
Así o traslada o seu departamento…
A Xunta encadrou nunha decisión "comercial" dos organizadores do Foro A Toja que empregasen o topónimo deturpado da illa da Toxa, no Grove, para bautizar o evento que a finais de setembro reuniu a distintas personalidades da política e a economía, incluídos o rei Felipe VI e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez.
Cuestionado durante a Comisión 4ª do…
'Rompente Grupo de Comunicación Poética' regresa 40 anos despois cun novo espectáculo interdisciplinar no que a poesía se dará a man do audiovisual, a música e a posta en escena, unha xira na que o conxunto creado por Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manuel Romónpercorrerán un total de oito municipios galegos.
O calendario de actuacións de 'Algo que…
“E se o pan é galego, en que lingua vai falar?”. O concello de Redondela vén de lanzar unha campaña a prol do etiquetado en lingua galega dos produtos do país. A iniciativa, que parte do departamento de Normalización Lingüística en colaboración da Asociación de Empresarios de Redondela, está dirixido fundamentalmente ao sector das panadarías…
O 50 aniversario do Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC centra dende este luns a vixésima primeira edición do seu simposio anual. “O ILG naceu no ano 1971, durante o franquismo, e desenvolveu un papel protagonista na estandarización do galego. A súa relevancia era maior que a dun centro de investigación, tratábase dunha auténtica…
O vindero 20 de outubro comezarán as actividades do Correlingua 2021 baixo o lema “Inmunízate co galego” que terán como principal oferta oito concertos en outras tantas poboacións galegas comezando por A Coruña. Os concertos celebraranse polo sistema de aula burbulla para manter todas as garantías sanitarias, con aforos controlados e con retransmisión en liña.…
A novela "Virtudes (e Misterios)' (Ed. Galaxia) de Xesús Fraga (Londres, 1971), ven de valerlle ao escritor o Premio Nacional de Narrativa do Ministeriod e Cultura e Deporte. O xurado do galardón propuxo ao escritor ao considerar esta obra "por amosar cunha prosa moi coidada, no fondo e na forma, a historia de dúas xeracións…
A prestixiosa lista anual cunha selección mundial de literatura infantil e xuvenil The White Ravens, promovida pola Biblioteca Internacional da Xuventude de Múnic ven de presentar a súa actualización e son dous os libros en galego que aparecen nela entre os 200 que sinala, en 38 linguas e procedentes de 54 países. O libro "Ninguén…