Obradoiros, regueifas, concertos... son algunhas das actividades que recorrerán os centros educativos a través do programa Correlingua. Máis de 20 festas amenizarán as escolas galegas entre maio e outubro, co obxectivo de dinamizar a lingua.
Na presentación desta edición, que se celebrou na Deputación de Lugo, o presidente da Asociación Cultural Correlingua, destacou que se sigan…
En xaneiro, o informático-programador Abraham Martínez decidiu crear a versión en galego do xogo dixital Wordle. Adiviñar unha palabra de cinco letras cada día é o obxectivo de dita aplicación, cuxa popularidade foi sorprendente. Cunha primeira versión en inglés, creada por The New York Yimes, rápido comezou a ter as súas variantes no resto de…
O pasado 5 de abril, Xurxo Martínez facía público na súa conta de Facebook a sentenza favorable a unha serie de acontecementos derivados tras reclamar que as notificacións que recibise da Axencia Tributaria fosen en galego. A sentenza foi gañada grazas ao apoio dos servizos xurídicos da Mesa pola Normalización Lingüística, e como o propio…
Antía Muíño comezou a súa andaina polo mundo da música a través das pandeiretas e dun grupo de cantareiras. Agora, a cantautora galega acaba de gravar o seu primeiro disco, que verá a luz a finais deste ano.
A cantautora galega vive en Euskadi, pero isto non é un impedimento para compoñer e cantar en galego.…
A Belén Puime faltáballe “petardeo en galego”. Isto é o que explica a directora coruñesa cando fala da súa webserie Pringadas, que vén de estrearse no Carballo Interplay. Pero “Pringadas” non é so “petardeo”, como ela o define, se non que detrás de capítulos de 10 minutos se esconde moito máis.
Xoana, Antía e Catu…
Pontevedra acolle a décima edición do festival Galegote Rock, que este ano se celebrará os dúas 28, 29 e 30 de abril. A música en galego encherá as rúas pontevedresas nesta nova edición, que vén de presentar cartel. En total, celebraranse 12 concertos que se poderán gozar en espazos ao aire libre, bares e salas…
A Xunta abriu unha convocatoria para fomentar os servizos lingüísticos. A subvención destinará un total de 350.000 euros para gastos que se realicen no ámbito local entre o xaneiro e o 15 de outubro do 2022.
Con esta nova convocatoria, Xunta pretende promover o uso do galego no ámbito local, así como promocionar o desenvolvemento de…
O proxecto Somos Xogo convoca o certame "Xoga en galego", un concurso que pretende dinamizar o uso do galego no ámbito lúdico. O certame, dirixido a un público infantil e familiar, céntrase nos xogos de mesa, a través dos cales busca a dinamización lingüística e impulsa a creatividade.
Ata o 20 de maio do 2022, as…