Hai xeitos e xeitos de axudar aos neofalantes, desde os que colgan na rede manuais para aprender o idioma, aos que colaboran en faladoiros, tanto falando en galego para que outros aprendan como impulsando ferramentas tecnolóxicas para facelo efectivo. Unha destas mentes desinteresadas, pero necesarias, para o futuro do idioma é Héctor Canto (Canarias; 1985).
Canto…
Pór en valor a literatura de transmisión oral, “como unha parte moi importante do noso patrimonio inmaterial”, é, como sinala a directora da Área de Dinamización Cultural, Educativa e Integración do campus, Eulalia Agrelo, un dos obxectivos centrais de Contos de inverno, un ciclo de contacontos impulsado pola Universidade de Vigo ao abeiro dun convenio…
A perda do académico e polifacético autor Darío Xohán Cabana conmocionou á sociedade galega e as redes sociais enchéronse de voces da política, a cultura e o movemento asociativo para dedicar unhas palabras de recordo e homenaxe á que foi unha das principais figuras da literatura galega contemporánea.
A Real Academia Galega expresou o seu "profundo…
A banda de folk galego Tanxugueiras, formada por Olaia e Sabela Maneiro e Aida Tarrío, confirmou que enviará un tema en galego para a selección de canción que represente a España en Eurovisión. Así, recolle a luva lanzada polos eurofans, que en setembro deste ano elixiron a este grupo como favorito no macrosondeo 'A elección interna' para…
Alba Rodríguez é unha moza viguesa que comezou a súa andaina como neofalante en 2019. Fíxoo en forma de propósito de aninovo e foi compartindo o proceso a través da súa conta de Twitter.
Onte fun á dentista.Nada máis saudala preguntoume:
-Alba, tú normalmente hablas en castellano o en gallego?
Respondinlle que dende fai uns días estaba intentando…
«N unca choveu que non escampara» é unha das súas máximas feita canción. Criada entre a música clásica e as verbenas, Lydia Botana(Fonteculler, 1984) é unha muller de raíces que loita cantando polo mundo adiante por que non lle corten as ás. Unha vez esqueceu quen era, pero nunca o nome da súa terra. Ela pon a…
O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, mostrou o seu apoio aos acordos adoptados na asemblea xeral da Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN), celebrada en Santiago de Compostela, e que reclamou a derrogación do 'decreto do plurilingüismo' e que se garanta o galego como idioma vehicular en todas as etapas educativas.
Fíxoo, a preguntas dos xornalistas,…
A asemblea xeral da Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN) reclamou a derrogación do chamado 'decreto do Plurilingüismo' e que se garanta o galego como idioma vehicular en todas as etapas educativas. Ademais, solicitaron ao Goberno do Estado que exista "un tratamento igualitario" de todas as linguas cooficiais na nova Lei do Audiovisual.
Tal e como informa…