O certame #Enreguéifate2026 deu a coñecer as primeiras gañadoras desta edición a través das súas redes sociais, comezando pola categoría das “regueifas máis bravas”, que distingue as propostas máis ousadas e creativas. O premio na categoría xeral recaeu nas Regueifeiras do Ciov, de Vigo, polo vídeo titulado “Saúde e lingua!”.
Segundo destacou a organización na…
A asociación para a normalización do galego en Asturias Axuntar denunciou a suposta eliminación de comentarios críticos nas redes sociais da Academia de la Llingua Asturiana (ALLA) e do Parque Histórico do Navia tras a presentación da terceira edición das Normas ortográficas do eonaviego, celebrada o pasado 10 de marzo coa asistencia do presidente do…
Un creador de contido con case 100.000 seguidores en Instagram e TikTok, coñecido como @elvenegalle, xerou nos últimos días un debate arredor do uso do galego nas redes sociais tras publicar un vídeo no que relata as críticas que recibe por empregar esta lingua.
No seu testemuño, explica que desde que comezou a publicar contidos…
A publicación dun vídeo da influencer viguesa Rebeca Stones no que relataba as súas dificultades para expresarse en galego converteuse nun fenómeno viral que transcendeu o ámbito das redes sociais. Cunha comunidade de máis de medio millón de seguidores, Stones compartiu o seu intento de recuperar a lingua propia e as inseguridades que ese proceso…
A retransmisión do Xeorxia-España deste sábado na Televisión Española encheu as redes de reacción. TRVE ofrece, por primeira vez na historia, a posibilidade de seguir a narración en galego dos partidos da Selección Española de fútbol. Pero esta fin de semana, a opción de Audio 1, é dicir, a que vén por defecto, era en…
A atleta galega Ana Peleteiro, campioa europea e unha das deportistas máis destacadas do país, expresou a través das súas redes sociais a ilusión que lle produce percibir un maior uso do galego entre a xente nova. “Estou notando que a xente nova fala moitísimo máis galego”, afirmou nun vídeo que rapidamente se fixo viral.…
A expresidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, converteuse nas últimas horas en protagonista dun momento televisivo que correu como a pólvora polas redes sociais. A polémica xurdiu no programa En boca de todos (Cuatro), cando defendeu con firmeza que ao municipio pontevedrés de Sanxenxo debe chamárselle Sangenjo en castelán.
"Toda a vida se chamou…
A libraría Clarión, situada en Carballo, converteuse nas últimas horas en foco de debate nas redes sociais despois de publicar un vídeo no que a súa responsable expón a cantidade de comentarios que recibe pedíndolle que fale en castelán. No reel, difundido a través da conta de Instagram @clarionlibraria, a libreira le en voz alta…