“Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos… Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum”…
Os dous galos máis famosos regresan nunha nova aventura realizada, como en ocasións anteriores, polo talentoso dúo creativo formado por Jean-Yves Ferri no guión e Didier Conrad na ilustración. ‘Astérix e o grifón’ é o título do novo álbum da serie clásica de banda deseñada que narra as aventuras dos galos que resisten ao imperio romano. A obra que ponse á venda este 21 de outubro en dezasete linguas de xeito simultáneo. Entre elas, a editorial Xerais participa deste lanzamento mundial coa versión en galego do álbum, que sae en edición física e en formato electrónico.
O traballo de tradución correu a cargo de Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar. Na nova aventura, Astérix e Obélix partirán nunha expedición ás beiras do río Don á procura do mítico grifón para acudir en axuda do seu amigo Cékankondine.