A través dun convenio entre o Arzobispado de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, foi publicada unha tradución á lingua galega do Misal Romano. Foron editados un total de 1.500 exemplares baixo o selo da Conferencia Episcopal Española, que serán distribuidos a través das dióceses galegas. José López, conselleiro de Cultura, foi o encargado de presentar a publicación este venres.
O representante da Administración autonómica argumentou o impulso da iniciativa como feito potenciador do “uso do idioma en ámbitos con gran peso na nosa sociedade como é o relixioso”, ademais de apuntar o achegamento a “grandes grupos de poboación” como é o relixioso ou a garantía da “dinamización da língua no ámbito litúrxico” coa garantía “dos dereitos lingüísticos das persoas que asisten aos rituais relixiosos“.