Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Angelika Dudek, de Polonia: “O galego fortalece o sentimento de pertenza pero tamén contribúe á diversidade lingüística”

Angelika Dudek, de Polonia, leva aprendendo galego arredor de 6 meses, pero con pausas. Por isto, está facendo unha investigación sobre os neofalantes en Galicia a través dun formulario.

Para ela, Galicia é outro mundo e a lingua tamén, xa que “ten unha influencia moi forte co portugués e namorei dela”. Cre, ademais, que o galego fortalece non só o sentimento de pertenza, senón tamén contribuír á diversidade lingüística no mundo.

Por todo isto, anima a todo o mundo a participar do proxecto Neofalantes.gal.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.