A independencia da etapa universitaria en Santiago de Compostela foi a apertura da porta ao uso total da língua galega, dende o laboral ao persoal, para Andrea Polo: “Agora non me imaxino falando doutro xeito”. A transición conténtalle especialmente pola simboloxía de “compromiso coa nosa lingua e a nosa identidade cultural“.
O consello que deixa para todo aquel proxecto de neofalante é usalo con descoñecidos “para ir soltándose”: “Exprésome en galego en ambientes como un supermercado ou un bar”. O universo persoal de Andrea, hoxe, está íntegramente galeguizado: “Un dos meus artistas máis escoitados son The Rapants, gústame moito Guadi Galego e Ledicia Costas é das miñas escritoras favoritas”.
Sobre o panorama do uso do galego na actualidade, a investigadora matemática apunta unha “brecha” xeracional, feito que percibe claro nas interaccións coa súa proximidade e ante o que se posiciona ante o mantemento do idioma: “Nun restaurante, falámoslle galego á filla da camareira e esta dixo ‘Ay, es que creo que no te entiende’ pero eu seguinlle a falar en galego porque son nenas de aquí“.