Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

All Posts

Viewing 321-328 posts

A Fundación Neira Vilas busca impulsar a dramaturxia en galego co IV Premio Anisia Miranda de Teatro

A Fundación Xosé Neira Vilas anunciou a convocatoria da cuarta edición do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia, un certame que ten como obxectivo fomentar a creación de textos dramáticos en galego para público infantil. A iniciativa conta co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e pretende suplir a…

Estalotes, troques, estoupes… Esta planta ten máis de 30 nomes en galego. Cales deles coñecías?

Cando paseamos polos montes e camiños de Galicia é frecuente atopar unha planta de flores tubulares e vistosas, que penduran en longos racimos de cor rosada ou violácea. Trátase da planta coñecida polo seu nome científico como Digitalis purpurea, unha especie moi común na nosa paisaxe que, curiosamente, recibe unha ampla variedade de nomes segundo…

O presidente Rueda aposta por un “bilingüismo cordial” e “sen imposicións” para o galego

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, declarou que o futuro Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega deberá axustarse ao principio de "bilingüismo cordial", asegurando que a promoción do galego se fará "sen imposicións". Estas afirmacións realizounas en resposta a preguntas sobre a renovación do plan, que será debatida esta semana polo comité…

Alta participación no proxecto ‘Modo galego, actívao!’, que fortalece o uso da lingua en Ames

O proxecto de dinamización lingüística Modo galego, actívao!, impulsado pola Real Academia Galega (RAG) e o Concello de Ames, chega á súa terceira edición con novas propostas para incentivar o uso do galego na infancia e na adolescencia. A iniciativa, que naceu tras o Mapa sociolingüístico escolar de Ames (2021), busca implicar tanto o alumnado…

Máis da metade das familias galegas cre que en Galicia non hai discriminación lingüística

O 53,6 % das familias galegas que se comunican habitualmente tanto en galego como en castelán consideran que non hai ningún idioma discriminado en Galicia, segundo recolle unha enquisa encargada pola Xunta de Galicia. A sondaxe 'Enquisa Percepción Social do Galego', realizado por Sondaxe, presentouse este xoves na Cidade da Cultura da man do conselleiro de…

A Mesa recorre á Audiencia Nacional para defender o dereito a exames en galego na UNED

A Mesa pola Normalización Lingüística informou de que acudirá á litigación estratéxica ante a Audiencia Nacional para defende o dereito a empregar o galego nos exames da UNED. Segundo sinalan nun comunicado, piden a revogación íntegra da sentenza do xulgado central do contencioso administrativo, que "valida a vulneración dos dereitos lingüísticos dun estudante ao que non se lle…

A CRTVG permite por primeira vez usar o castelán nas súas probas de acceso

A Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG) modificou o proceso selectivo convocado o 30 de novembro de 2023 para permitir que as persoas aspirantes poidan elixir entre galego e castelán como idioma para realizar os exames. A decisión, recollida nunha resolución asinada polo director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, o pasado 31 de xaneiro,…