Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

All Posts

Viewing 297-304 posts

iLingua, un proxecto para promover investigacións en lingüística de primeiro nivel

Preto de 80 expertas e expertos integran xa o primeiro instituto de investigación do ámbito das Humanidades da Universidade de Vigo (UVigo), iLingua, impulsado por uns 38 investigadores da Facultade de Filoloxía e Tradución en 2021. O seu obxectivo é promover e realizar investigacións en lingüística de primeiro nivel, priorizando os proxectos conxuntos e a captación…

O Concello de Ames e a RAG recollen o premio Mil Primaveras que recoñece o proxecto de investigación e acción Modo galego, actívao!

Modo galego, actívao!, o proxecto de investigación e acción para a promoción do galego na infancia desenvolto colaborativamente entre o Concello de Ames, a Real Academia Galega e os once centros educativos públicos amesáns, foi unha das experiencias premiadas na sexta edición dos Premios Mil Primaveras que se entregaron hoxe no Pazo da Cultura de…

A xustiza deixa fóra o galego: só o 3,8% das sentenzas se redactan na nosa lingua

O Consello da Cultura Galega reuniu recentemente especialistas do ámbito xurídico, académico e administrativo para afondar nun dos grandes temas pendentes da normalización lingüística: o papel do galego na xustiza e nos servizos públicos. A sesión, integrada no Fórum País coa súa Lingua, procurou ir máis alá do diagnóstico e centrouse na formulación de propostas…

María Otero Canabal: “Hai algunhas xuízas e algúns xuíces que só empregan o galego nas súas sentenzas”

María Otero Canabal (Forcarei, 2000), graduada en Dereito e Relacións laborais pola USC, vén de recibir o Premio Franco Grande de investigación xurídica en lingua galega pola UVigo polo seu traballo sobre as relacións laborais do servizo do fogar familiar. No mesmo fai unha análise xurídica deste sector desde a perspectiva da prevención de riscos. Sobre…

A Facultade de Filoloxía da USC acollerá dous congresos clave sobre lingua e literatura galegas

A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela será o escenario de dous encontros científicos organizados polo Instituto da Lingua Galega (ILG) durante o mes de xuño. Ambas as citas están dirixidas tanto a especialistas como ao público xeral, e afondarán en eidos centrais do coñecemento lingüístico e literario galego. O primeiro dos…

(DATOS) A mocidade dálle voz ao galego nas redes, pero aínda prevalece o castelán

O uso da lingua galega en internet está a experimentar unha transformación silenciosa mais significativa, marcada por avances puntuais e contradicións estruturais. A análise dos últimos datos dispoñibles permite trazar un mapa das prácticas lingüísticas da cidadanía galega no mundo dixital, que reflicte tanto a capacidade de adaptación da lingua ás novas tecnoloxías como os…