Fiscalía Superior e Xunta de Galicia veñen de asinar un convenio que favorecerá a presenza da lingua galega nos procesos xudiciais. Coas sinaturas de José López, conselleiro de Cultura, e Fernando Suanzes, fiscal superior de Galicia, o documento está incluido dentro das propostas da actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega, entregado recentemente aos grupos parlamentarios no segundo encontro no marco do Pacto pola Lingua.
O representante da Administración galega indicou que o escrito busca “mejorar la disposición del personal funcionario de la justicia hacia el uso del idioma y actualizar los recursos técnicos para facilitar el trabajo en gallego”. No traballo para o impulso da lingua que López apuntou na súa intervención, o seguinte paso calendarizado no próximo luns son os contactos do Goberno galego con distintas entidades a través dun encontro coa Mesa pola Normalización Lingüística.