Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Artistas galegos fanse con dúas nominacións aos Premio Ruido 2024

Os Premio Ruido, pola súa novena edición, fixeron pública a listaxe das doce nominacións presentes a mellor álbum musical producido no territorio peninsular español. Xunto con Bad Gyal ou Carolina Durante, dúas propostas de artistas galegos están entre as producións escollidas. As artistas de Bala, coa súa guitarra e batería, tras elaborar ‘Besta’ son unha das obras subliñadas en todo o panorama musical español polo galardón. Con elas, ascende a lingua ao nacional (e, posteriormente como leva tempo, ao internacional) Baiuca con ‘Barullo, coa súa musicalidade singular entre o techno e o folclore tradicional.

Tras a escolla están os integrantes do tecido Periodistas Asociados de Música (PAM), que fixeron público que este ano foi o que acadou máis participación na fase de votación aberta. Ata o 30 de decembro está aberta a segunda parte do proceso de escolla do que será o Mejor Álbum del año 2024.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.