Matt McGinn é de Reino Unido, ten 29 anos e está facendo a súa tese doutoral sobre a identidade galega e o fútbol. Actualmente, vive en Vigo, onde aprendeu a falar galego para integrarse na sociedade e para a súa tarefa académica.
Di que para el é unha ledicia ver a cara da xente cando ve a un estranxeiro falar en galego e cre que é moi importante seguir fomentando a lingua de Galicia.