Paulo Goveia naceu en Angola, pero hai 19 anos decidiu vir a Galicia para traballar na súa paixón: a hostalería e o sector audiovisual.
O portugués como lingua materna axudoulle a aprender o galego, que sente como lingua propia desde que chegou.
Falar galego, para el, foi a mellor maneira de integrarse na nosa sociedade.