A variación da lingua galega no seu territorio é incrible e vai máis aló da gheada ou do seseo. As variacións léxicas son moi comúns. Neste caso, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC) compartiu un mapa a través de Twitter no que se identifican as diferentes formas de referirse a palabra ‘entroido’ pola Galicia.
As variantes que comezan coa letra ‘a’, ‘antroido’ e ‘antroiro’, son típicas da Galicia central e da costa que vai dende Laxe ata Burela. ‘Antroiro’ é especificamente relevante na Asturias galego falante. ‘Entroiro‘ é común no Courel, e o uso de ‘entrudio‘ na Ourense máis oriental e no Bierzo. Pola súa parte, ‘entroido‘ é a forma máis estendida no resto de Galicia, aínda que comparte moitas localidades con ‘entruido‘, que é típica en parte da Costa da Morte. O caso máis curioso é a comarca de Vigo, onde se usa ‘antroido’ a pesar de estar rodeado por galegos que usan a palabra ‘entroido’.
Bo Entroido!!
Bo Entroiro!!
Bo Entruido!!
Bo Entrudio!!
Bo Antroido!!
Bo Antroiro!!#ilgusc #usc #institutodalinguagalega #universidadedesantiagodecompostela #entroido #antroido #atlaslingüísticogalego pic.twitter.com/siPYUEhx31— Instituto da Lingua Galega (@ILG_USC) February 25, 2022