O profesor de lingua e literatura galega, Cándido Paniagua, aproveitou o éxito de Tanxugueiras para darlle un novo pulo as súas clases. A través da música e da cultura galega ensina diferentes cuestións de sociolingüínstica, vocabulario ou fonética, así o comentou nunha entrevista ao Nós Diario.
“Considero que o alumnado é o futuro, hoxe o futuro está nas redes sociais e nelas ten que estar o galego”, comenta Cándido. O profesor coñece da importancia das redes sociais para a difusión da lingua e, por iso, unha das actividades que propón aos seus alumnos é gravar un TikTok e subilo á rede.
Dende o seu punto de vista, “o alumnado está máis motivado“. Ademais, a súa idea está sendo implantando tamén por outros profesores noutros centros educativos. “Foi algo que fixen para min, pero pódese adaptar a distintos niveis educativos, que é o que están a facer o resto compañeiros”, sinala ao respecto. Máis información en Nós Diario.