Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Un bombeiro forestal recibe críticas por escribir en galego nun chío sobre o seu avituallamento

A situación dos incendios en Galicia, que afectan estes días a varios concellos, levou a distintos profesionais a compartir nas redes sociais a súa experiencia no monte. Un deles foi Chema, bombeiro forestal, que publicou en X unha mensaxe describindo o avituallamento recibido: “Bocadillo+agua pequena+cocacola. Somos os primeiros que sabemos que está a cousa moi difícil, pero… Que opinión tendes do avituallamento do día de onte?”.

O chío, escrito en galego, puxo o foco nas condicións de traballo do persoal que combate o lume. Con todo, a resposta dunha conta chamada COPE Pinares derivou a conversa cara ao uso da lingua: “Mientras no os entendamos el resto de españoles, cómo podemos ayudaros?”.

Leave a comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.