Unha avogada criticada por un compañeiro por usar o galego nos Xulgados de Vigo

Na tarde do martes 19 de abril, a avogada e vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística Elsa Quintas Alborés denunciaba nas redes o ocorrido nun xuízo en Vigo. Tras espresarse en galego, “o avogado contrario preguntou ao xuíz como resolvería se el chegase a alegar descoñecemento da lingua galega, se o xuíz OBRIGARÍA á outra avogada a expresarse en español”, relataba Quintas Alborés na súa conta de Twitter.

Eu non podo obrigar a ninguén”, foi a resposta do xuíz. O ocorrido na celebración da vista impulsou á avogada a denunciar nas súas redes o suceso, reclamando os dereitos lingüísticos dos profesionais dos dereitos.

Quintas Alborés, tal como relata, respondeulle ao avogado contrario mencionándolle o artigo 142 da Lei de Axuizamento Civil, que ampara o dereito a expresarse en galego e a pedir intérprete no caso de non comprender unha lingua.

Ante o sucedido, Quintas Alborés recorda a importancia de abordar o estudos dos dereitos lingüísticos nas facultades de Dereito e recalca a importancia que teñen servizos como A Liña do Galego, impulsado pola Mesa de Normalización Lingüística.

Nos últimos días, A Mesa tamén recordou a posibilidade que teñen todos os cidadáns de solicitar ser atendidos en galego en calquera administración pública. Para facilitar os trámites, compartiron un formulario para levar a cabo dita petición e recordan que o servizo A Liña do Galego atende calquera consulta sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións de maneira gratuíta.

Un comentario en «Unha avogada criticada por un compañeiro por usar o galego nos Xulgados de Vigo»

  • 22 Abril, 2022 ás 22:54
    Ligazón permanente

    Unha magoa, dalles vergoña FALAR, era a lingua dos probes, o castelan para moitos e a fala dos “SEÑORITOS” , i ai unha predisposicion nos senos ” modernos” para ” HABLAR” , dende o goberno da Xunta, todo e bla…bla…
    ELLOS HABLAN CASTELLANITO…non si…?

    Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

A %d blogueros les gusta esto: