Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Masu: “Na miña época ninguén falaba galego porque os que o falaban eran os ‘paletos’ e os de aldea”

María Jesús López, empregada de limpeza nun instituto de Lugo sempre escoitou na súa casa o galego, pero a forza do castelán nas aulas fíxolle sentir que o castelán era a lingua que debía empregar coas súa amizades e fóra da casa. Dentro, sempre estaba o galego, a lingua onde ela se sente cómoda.

Decidiu volver ao galego por amor, porque a súa parella o falaba e porque cre que o galego é a lingua onde se sinte máis a gusto, e por iso defende que hai que “protexela” e “promovela”, polo que tamén decidiu criar os seus fillos desta forma.

Recorda con pesar que na súa época ninguén falaba galego fóra da casa porque quen o falaba, di, “eran considerados os ‘paletiños’, os da aldea” e compárao coa situación actual, onde cre que a xente xa non se burla dos demais por falar galego, pero recoñece que na adolescencia é complicado ver algún mozo que decida falalo.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.