As redes sociais piden a (r)evolución do escudo do Dépor á súa versión en galego

O pasado 21 de xuño, o deseñador gráfico Antón Lezcano propoñía a través da súa conta de Twitter o cambio do nome e escudo do Real Club Deportivo de La Coruña. Tendo en conta o uso do castelán, o deseñador chamou á “(r)evolución”, pedindo que se cambie o nome e o escudo por Real Club Deportivo A Coruña. “Se concordas conmigo, distribúe, retwittea, fai o que che pete, pero que se enteren @RCDeportivo”, escribía no seu muro. A iniciativa comezou a percorrer a rede, alcanzando máis de 1.800 likes e máis de 800 rechouchíos.

https://twitter.com/antonlezcano/status/1539179479137980416?s=20&t=0MshTpcy2SP7KFxTh3QxdQ

A proposta chegou aos oídos doutros organismos, como é o caso da Mesa pola Normalización Lingüística, que non dubidou en apoiar a iniciativa. “A Mesa pola Normalizacion Lingüística únese á petición do deseñador Antón Lezcano para (r)evolucionar o escudo da equipa de fútbol que representa á cidade da Coruña”, escribían dende A Mesa na súa páxina web, ao que engadían que “son moitas e moitos os deportivistas que desexan que o Deportivo empregue dunha vez por todas a toponimia oficial, que contempla a forma galega como a única válida”.

O BNG da Coruña tamén fixo pública a súa posición apoiando nas súas redes a proposta de Lezcano, ao igual que a plataforma Dépor en galego (@deporengalego), que no seu perfil de Twitter aseguraba que “somos moitas e moitos os deportivistas que queremos ver á nosa equipa co nome da cidade que representa”. Dende Dépor en galego non é a primeira vez que piden o cambio, aínda que nunca se conseguiu utilizar a nomenclatura en galego.

https://twitter.com/deporengalego/status/1539578410917412864?s=20&t=ypimLdB67Oohic6euVH4rg

Despois de 116 anos da creación do primeiro escudo do Deportivo, no 1908, os afeccionados demandan un cambio na nomenclatura. Mostra diso non é só a repercusión do chío de Lezcano, se non tamén o alcance dunha enquisa por parte do medio Quincemil, na que participaron 740 usuarios de Twitter, demostrando que o 51,8% apostaba polo nome Deportivo da Coruña.

Con respecto a isto, dende A Mesa recordan que a forma normativa é Deportivo da Coruña, pois en galego sempre se debe facer a contracción da preposición (de+a). “A pesar de que no escudo pode ir o topónimo A Coruña, cando facemos alusión ao nome completo a única forma válida é a contraída, Deportivo da Coruña”.

Antón Lezcano, como recolle o xornal Quincemil, Antón Lezcano, afirma que “se se fixo tan viral é por algo, a xente está a demandalo. Son varias xeración como xa vimos co apoio hai un par de semanas no peor momento da nosa historia”.

https://twitter.com/quincemil15000/status/1539546183462490113?ref_src=twsrc%5Etfw%7Ctwcamp%5Etweetembed%7Ctwterm%5E1539546183462490113%7Ctwgr%5E%7Ctwcon%5Es1_&ref_url=https%3A%2F%2Fwww.amesa.gal%2Fnoticias%2Fa-nosa-revolucion%2F

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará