Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Renovase a directiva da Asociación Galega de Editoras

A Asociación Galega de Editoras renovou por unanimidade a xunta directiva. O responsable de Embora Edicións, Miguel Toval, como única candidatura presentada, foi escollido novo presidente dando relevo a Henrique Alvarellos, quen ocupara a posición durante catro anos.

A candidatura, vixente dende onte, incorpora membros da anterior etapa xunto con dúas incorporacións. A nova xunta está formada por Fran Alonso, de Xerais, como Vicepresidente; Paz Castro, de Kalandraka, no posto de secretaria; Ana Guerra, de Obradoiro, a desempeñar as funcións da tesouraría e, como vogais, remátana de conformar Edurne Baines de Belagua, Celia Recarey, de Irmás Cartoné, Henrique Alvarellos, de Alvarellos Editora, e Marcos Calveiro, da editorial Galaxia.

Na reunión extraordinaria na que foi realizada a votación e formación da nova xunta, foron establecidas as liñas que debe seguir o mundo editorial do libro galego cara o futuro: superar o número de vendas, definir unha estratexia para a internacionalización da produción ou concretar medidas para visualizar o libro como sector estratéxico.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.