A situación dos incendios en Galicia, que afectan estes días a varios concellos, levou a distintos profesionais a compartir nas redes sociais a súa experiencia no monte. Un deles foi Chema, bombeiro forestal, que publicou en X unha mensaxe describindo o avituallamento recibido: “Bocadillo+agua pequena+cocacola. Somos os primeiros que sabemos que está a cousa moi difícil, pero… Que opinión tendes do avituallamento do día de onte?”.
O chío, escrito en galego, puxo o foco nas condicións de traballo do persoal que combate o lume. Con todo, a resposta dunha conta chamada COPE Pinares derivou a conversa cara ao uso da lingua: “Mientras no os entendamos el resto de españoles, cómo podemos ayudaros?”.
Bocadillo+agua pequena+cocacola. Somos os primeiros que sabemos que está a cousa moi dificil, pero… Que opinión tendes do avituallamento do día de onte? pic.twitter.com/QDfBsX0rqc
— Chema – H2 Vilamaior (@chemachantada) August 17, 2025