A relación entre innovación tecnolóxica e promoción da lingua galega suma unha nova ferramenta coa chegada de Rinodicionarios, unha aplicación móbil lanzada por Rinoceronte Editora e TICGAL que adapta ao formato para Android e iOS a experiencia do seu xa coñecido multidicionario web. O proxecto busca facilitar o acceso inmediato a recursos lingüísticos en galego…