William McGrew ten 28 anos e é da Luisiana, dos Estados Unidos, e veu a Galicia polo seu amor á lingua como xornalista e economista, xa que considera que a lingua "é unha parte esencial da identidade dun pobo".
Ademais, a súa avoa era de Mugardos, aínda que na casa non se falou nunca galego, por…
Iago Mosquera é da Coruña, aínda que agora vive en Santiago de Compostela porque está estudando. Ten dezanove anos e leva dous falando galego, a pesar de que os seus pais nin os seus avós falan galego.
Decidiuno porque cre que "falar galego é a única forma de demostrar o amor pola terra" tamén porque defende…
Christina Weiler, de 23 anos e dos Estados Unidos, comezou a falar galego hai dous anos porque veu a Galicia a traballar como auxiliar de conversa en centros educativos.
Ao principio, quixo aprender galego para entender e participar das actividades do centro, pero logo namorou da lingua e da xente.
Explica que algunhas persoas lle…
Marina Hurtado é pianista e mestra de piano e vive en Galicia desde hai catro anos, cando marchou de Venezuela.
Desde o primeiro momento en que chegou a Galicia, tivo claro que tiña que falar o idioma, pero non foi ata hai 2 anos, cando aprobou o Celga 4, o momento no que decidiu incorporar…
Pablo Rañales ten 24 anos, é de Mugardos e é xornalista e escritor.
Sempre falou castelán pola influencia da comarca de Ferrolterra, pero despois de facer o seu Erasmus en República Checa, decidiu comezar a falar en galego.
Di que percibiu moita ilusión por parte das súas amizades cando comezou a falar en galego, pero si que…
Andrea Rey ten 29 anos e é de Ribadumia e só hai catro meses que empezou a falar en galego, pero o fixo con ganas ao promover o seu proxecto 'Movemento' en galego.
Explica que sentiu o estigma, que segue a "ser forte", pero sostén que ela non se deixa minar a súa dignidade como galegofalante…
Xabi Vidal, de Donosti, levan uns anos vivindo en Santiago de Compostela e é Educador.
Desde que chegou á nosa terra apostou pola defensa da cultura popular, polo que decidiu comezar a falar en galego.
Explica que tivo moito apoio e que a xente animouno a falar a nosa lingua, pero recoñece que existe o estigma.
Aila Weng ten 26 anos e é do Barco de Valdeorras, aínda que agora vive na Coruña, xa que traballa como adestradora.
Leva menos dun ano falando galego, desde outubro, pero ten claro que para ela é "un privilexio poder contar coa lingua galega", polo que quere seguir fálandoa en todos os ámbitos da súa vida.