A praza da Quintana, en Santiago de Compostela, acolleu na mañá deste sábado unha asemblea aberta convocada pola plataforma Queremos Galego na que se presentou e someteu á aprobación cidadá o Protocolo Lingua Vital, un documento elaborado ao longo dos últimos meses por 57 entidades de diversos ámbitos sociais, co apoio doutras 396 organizacións. O…
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que RTVE continúa sen cumprir as obrigas legais en materia de emisión de contidos en galego, malia que a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual establece porcentaxes mínimas de dobraxe e lexendaxe nesta lingua. Segundo lembra a entidade, o ente público debería ofrecer un 2,5% de contidos en galego en…
A plataforma Queremos Galego denunciou esta mañá que os orzamentos da Xunta para 2026 “confirman que o Goberno galego non ten intención de enfrontar a emerxencia lingüística”. O voceiro da entidade, Marcos Maceira, advertiu en rolda de prensa que “a ausencia de calquera referencia á lingua na lei de medidas fiscais que acompaña os orzamentos,…