A Mesa pola Normalización Lingüística, xunto con organizacións como Ciemen, Kontseilua, Escola Valenciana e Iniciativa polo Asturianu, trasladou hoxe ao Congreso dos Deputados a súa petición dun “debate profundo” que permita ao Estado “mudar todo canto for preciso para garantir iguais dereitos e deberes” ás linguas oficiais e ás que reclaman este recoñecemento nos seus…
Na mesa redonda ‘Emerxencia lingüística e perspectivas de acordo arredor da lingua galega’, celebrada este sábado no marco das IV Xornadas de Normalización Lingüística, expertos de diversas institucións analizaron a crítica situación da lingua galega e debateron propostas para garantir a súa supervivencia. Os participantes coincidiron en que a transmisión xeracional e os ámbitos educativos…