A xornalista italiana afincada en Galicia Alice Piccardi contou na sétima edición do proxecto LGx15 a súa experiencia co idioma ao chegar e vivir en Galicia e, por suposto, falando galego. O seu primeiro contacto co galego foi a través da web da Universidade de Santiago de Compostela (USC) na procura dun destino de Erasmus.…
Esta primeira semana de febreiro estivo marcada pola presentación de dous proxectos que promoven o uso do galego na rede. Ambos utilizan o vídeo para divulgar diferentes elementos da lingua galega. O primeiro, as "Brincadeiras da lingua", unha serie de vídeos difundidos polo Portal da Lingua Galega sobre os ditos e os recitados infantís tradicionais.…
Xa son 25 anos de traballo a prol da lingua. E, por mor da celebración destecuarto de século traballando o labor técnico da normalización lingüística, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua organiza unha serie de conversas informais online nas que analizarán o acontecido nestes 25 anos. As cinco conversas, tal e como explican…