Galicia conta con máis de dous millóns de microtopónimos, nomes que identifican leiras, montes, fontes, camiños e outros elementos da paisaxe e que, en moitos casos, só sobreviven na memoria das persoas que os empregan. O envellecemento da poboación rural, o abandono das actividades agrarias e a transformación do territorio ameazan a conservación deste patrimonio…