Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A Mesa denuncia un caso de discriminación lingüística nun comercio de Vigo

Falar galego nun establecemento comercial debería ser unha situación normal nun territorio no que o galego é lingua oficial. Porén, un episodio ocorrido nun comercio da rúa Príncipe de Vigo volveu poñer no centro do debate os dereitos lingüísticos da cidadanía e a situación do galego no ámbito comercial. A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou un…

A Mesa denuncia que RTVE incumpre a cota de galego e recorre á IA para lexendar contidos

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que RTVE continúa sen cumprir as obrigas legais en materia de emisión de contidos en galego, malia que a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual establece porcentaxes mínimas de dobraxe e lexendaxe nesta lingua. Segundo lembra a entidade, o ente público debería ofrecer un 2,5% de contidos en galego en…

A Mesa e entidades pola diversidade lingüística piden no Congreso un cambio de marco legal para garantir a igualdade entre todas as linguas

A Mesa pola Normalización Lingüística, xunto con organizacións como Ciemen, Kontseilua, Escola Valenciana e Iniciativa polo Asturianu, trasladou hoxe ao Congreso dos Deputados a súa petición dun “debate profundo” que permita ao Estado “mudar todo canto for preciso para garantir iguais dereitos e deberes” ás linguas oficiais e ás que reclaman este recoñecemento nos seus…

A Mesa leva a Barcelona o apoio europeo ao proceso Lingua Vital

A Mesa pola Normalización Lingüística participou esta fin de semana en Barcelona na Asemblea Xeral da European Language Equality Network (ELEN), unha cita centrada na necesidade de garantir que o desenvolvemento das novas tecnoloxías non comprometa a diversidade lingüística no ámbito europeo. O encontro reuniu representantes de múltiples organizacións e institucións comprometidas coa defensa das…

Ourense maniféstase pola deturpación do seu topónimo nun valado publicitario

A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha concentración en apoio da única toponimia oficial de Ourense esta quinta feira (xoves) diante dos xulgados desta urbe, coincidindo co xuízo polas supostas actuacións nun balado que promovía a deturpación do nome da cidade das burgas impulsado desde a entidade Hablemos Español. A mobilización terá por lema Ourense polo seu nome e…