Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Só o 3% do milleiro de sepulturas dos cemiterios de Ribadumia emprega a lingua galega

Pese a ser un dos eidos nos que se apuntou un crecemento do uso da lingua galega, no marco dos estudos para a Normalización Lingüística impulsados e difundidos polo Consello da Cultura Galega, semella que non é así en todos os camposantos do territorio. A docente Ana Belén Vázquez, do Instituto de Educación Secundaria de Vilalonga, encargouse da investigación dos cemiterios parroquiais de Ribadumia en búsqueda de lápidas en galego, obtendo unha porcentaxe final do 3%.

Barrantes, Besomaño, Leiro, Lois, Ribadumia e Sisán, as seis parroquias que compoñen o concello, suman máis dun millar de sepulturas. De todas elas, Vázquez constatou que tan só nun 3% das inscricións, despedidas ou memorias foi empregada a lingua galega. Máis información en FaroDeVigo.es.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.