"Lo arrastraría con una cuadriga hasta que se le vieran los huesos". Esa foi a mensaxe que lle mandaron en Facebook ao historiador Antonio Maestre hai uns días por dicir unhas frases en galego nunhas xornadas sobre memoria histórica ás que foi convidado pola Deputación de Pontevedra. "Non é fácil sorprender co odio a alguén…
Hai un relato moi estendido en parte da poboación española sobre a lingua galega, aínda que tamén sobre o catalán, o euskera ou, recentemente, co bable. Aínda que resulte doutros tempos, aínda hai xente que pensa que estas linguas están sendo "impostas", algo que é moi común a pesar de parecer o contrario.
O "autor" Pedro…
As conclusións dos XXIII Encontros para a Normalización Lingüística organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG), apuntan á necesidade de incentivar o uso do galego en actividades como comedores, actividades extraescolares, viaxes educativas, ademais de reforzar os contidos de lecer.
"En contextos sociolingüísticos como o galego, a transmisión da lingua no núcleo familiar non é…
Polémica no eido da literatura tras insinuar unha xornalista que a victoria do galego Xesús Fraga no premio nacinal de Narrativa coa obra Virtudes (e misterios) veu marcada por estar escrito en galego. O trunfo da novela, redactada en galego, foi recibido con ledicia e celebración de parte dos círculos literarios galegos e tamén de boa parte…
250 persoas de países como Xapón, Australia, Brasil ou China participarán do 15 ao 17 de decembro na VI edición do Congreso internacional de lingua, lingüística e tecnoloxía, techLING2021, unha ventá ás principais novidades do momento en materia de tecnoloxías e ensinanza de linguas. Organizado polos profesores José Yuste, Óscar Ferreiro e Emmanuel Bourgoin, do Grupo de…
O documental 'Buenos Aires, a capital do libro galego no exilio' é un traballo audiovisual –guionizado, dirixido e producido por Xan Leira– que ofrece un repaso polo traballo da colectividade na diáspora para manter viva a edición en galego.
A cidade de Bos Aires foi, durante as seis primeiras décadas do século XX, un centro…
O 80% dos estudantes de Galicia entre 10 e 18 anos non escoitan nunca ou case nunca música en galego, segundo apunta unha enquisa realizada polo proxecto socio-educativo 'Ao Son da Nosa Música' entre máis de mil escolares de Galicia entre 5º de primaria e 2º de bacharelato.
Ademais, outro dos datos que arroxou a enquisa,…
A Mesa pola Normalización Lingüística lamentou que o proxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual atópase "lonxe" da equidade na presenza das linguas cooficiais demandada polo Parlamento de Galicia. Neste sentido, a entidade en defensa do idioma anunciou accións conxuntas con outras plataformas do Estado para tentar mellorar a norma aprobada este martes.
O presidente da asociación, Marcos…