Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A toponimia galega xa está en vídeo

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega vén de presentar o documental Os nomes da nosa terra, unha serie de seis microdocumentais que procuran divulgar as historias que se agochan baixo a toponimia das nosas vilas. O secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación deste audiovisual xunto o coordinador da Unidade Técnica de Toponimia da RAG…

“É tan válido unha persoa neofalante como outra que leva toda a vida falando galego” Anik Nandi

“Hai unha falta de planificación de prestixio do idioma. Ti podes dar poder a unha lingua, pero non podes asegurar que a xente a siga falando”. Este é parte do diagnóstico sobre a situación do galego que fixo Anik Nandi, sociolingüista bengalí experto na transmisión interxeracional da nosa lingua. Segundo el, "fai falta abrir outros camiños” para…

Miguel Vieito, avogado no rural que usa o galego: “Ante as barreiras, só queda intentar derrubalas”

Miguel Vieito Villar criouse e “aprendeu a maior parte do que é como persoa e como profesional” –confesa–, no Lugar do Ferradal, na Parroquia de Bértoa, no Concello de Carballo. Na actualidade vive e ten o seu despacho profesional no Lugar da Reboreda de Abaixo, na Parroquia de Francos, no Concello de Outeiro de Rei. Partindo da…

Apoiando o #AudiovisualEnGalego

Este xoves 24 de febreiro comezou o debate no Congreso dos Deputados de Madrid sobre Lei do Audiovisual. Un dos puntos clave desta nova normativa é a inclusión da normalización das linguas minoritarias e minorizadas nas plataformas dixitais. Ás 12:00 0 movemento uníuse en redes sociais baixo o cancelo #AudiovisualEnGalego. A Mesa de Normalización Lingüística xunto…