Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

“Bicos a Moreas”, a iniciativa dende o estudantado e comercio local estradense para a promoción do galego

Este luns, o colexio O Foxo, en A Estrada, presentou a campaña "Bicos a Moreas", xa pola súa décimo segunda edición, que busca promover o uso do galego a través do reparto de adhesivos deseñados e creados polo alumnado, empregando diferentes debuxos e mensaxes en lingua galega. Neste curso académico, o estudantado realizou un total de…

A Universidade de Vigo publica unha monografía da natureza sociolingüística galega entre a mocidade da Limia Baixa

A investigadora do Instituto Galego da Lingua Reyes Rodríguez Rodríguez vén de publicar, a través da Universidade de Vigo, a monografía sociolingüística A Limia Baixa. Onde o mundo se chama en galego. A través dunha análise entre a mocidade da zona da Limia Baixa, Rodríguez relata a situación actual da lingua galega, facendo fincapé nas…

Andrés Couso, neofalante a partir da amizade: “No folclore hai elementos que non se aprenden pero están dentro da nosa cultura”

O teense Andrés Couso anima a todos a "subir ao tren" de falar galego, realizando unha viaxe da que "é difícil saír". Como acontecera coa súa nai, Andrés foi educado en lingua castelá. No referente ao uso do galego dentro do contexto familiar, este neofalante apunta unha referencia clara: seu bisavó. Este explica o sentir…

O Premio Manuel Beiras recoñecen o uso do galego das empresas Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers

Na súa vixésimoquinta edición, os Premios Manuel Beiras seleccionan a empresas do panorama territorial que empreguen e impulsen o uso do galego. Desta volta, co lema "En galego, empresa/comercio + intelixente", as marcas recoñecidas son Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers. A gala tivo lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela este dous de…

Eduardo Gutiérrez, a face tras @WorldMaps.gal: “Quixen facer a conta porque a maioría están en inglés, ningunha en galego”

Dende equivalencias de extensións a unha reformulación da bandeira ―con explicación da simboloxía incluida―, o veciño mahián e estudante de MIR Eduardo González traslada Galicia ao Mundo, sen olvidar acoller este na casa, a través de infografías, mapas e cuestionarios que comparte na súa conta de Instagram. O seu é un exemplo que constata a…

Santiago conmemora a Rodríguez-Abella, activo indispensable na normalización lingüística

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística rende homenaxe en Santiago de Compostela, o vindeiro 13 de decembro, ao membro activo do transversal proceso de normalización lingüística, Xosé M. Rodríguez-Abella. O protagonista do segundo venres deste mes foi un recoñeñecido pedagogo da capital galega, ocupando o posto de responsable do Servizo de Educación e…