Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Vilagarcía impulsa un curso de galego para mellorar a empregabilidade das mulleres

O Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía vén de abrir o prazo de inscrición para un curso de competencias clave en lingua galega, nivel 2, dirixido especificamente a mulleres. A iniciativa ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das participantes e facilitar o acceso aos certificados de profesionalidade, ademais de acreditar a formación en galego…

Aberto o proceso de participación pública para a renovación do Plan de Normalización

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou que este martes se habilitará na páxina web da súa Consellería unha "canle virtual" para recoller as propostas de todos aquelas persoas que desexen participar na renovación do Plan de Normalización Lingüística. En declaracións aos medios antes de reunirse cos responsables das 11 comisións formadas para…

Os dialectos e as distintas formas de falar do galego incorporados ao ecosistema dixital

O galego e a súa diversidade dialectal dan un novo paso para garantir a súa presenza no ecosistema dixital do futuro, ademais de documentar e protexer a súa riqueza oral. A plataforma colaborativa Common Voice, alimentada por persoas voluntarias de todo o mundo, incorpora unha nova funcionalidade para o recoñecemento da fala, que permitirá rexistrar…

“Cateta, imbécil… vete a la mierda”… Así agrediron a unha guía por expresarse en galego

Unha guía turística do dolmen de Dombate, situado en Cabana de Bergantiños, denunciou publicamente un "ataque" ao realizar unha visita en galego. Ante estes feitos, difundidos en X, a Deputación da Coruña --de quen depende a xestión deste lugar-- mostrou "tolerancia cero" ante faltas de respecto ao uso desta lingua. A vítima, cuxo nome de pila é Iria, agradeceu a…