O galego segue a romper fronteiras, desta vez da man de Carolina Rubiosa. A cantante galega, co seu tema O teu camiñar, acadou o segundo posto do Liet Internacional, tamén coñecido como Eurovisión das linguas minoritarias.
Cun total de 118 puntos, a galega só quedou a un punto da gañadora, Doria Ousset, que presentou o seu…
O pai e a tía de Emanuel Castiñeira, naturais de Vilalba, marcharon á Arxentina, como fixeron moitos galegos. Tamén se foron a este país os avós maternos de Emanuel, que naceu e vive na cidade arxentina de Córdoba.
Ao outro lado do océano, a máis de 10.000 km de Galicia, Emanuel Castiñeira fala galego. El é…
O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, as rúas de Compostela acollerán a manifestación de Queremos Galego, que cada ano reivindica o galego. Co lema "En galego agora é sempre. Porque un novo futuro para a lingua galega", reclamarán dignidade para o idioma.
A manifestación, que sairá da Alameda e rematará na Praza da…
Ata o 17 de maio ás persoas que o desexen poderán participar no VII Certame Literario en Galego. Trátase dunha iniciativa promovida polo Centro Galicia del Bierzo para conmemorar a celebración do Día das Letras Galegas, que este ano recorda ao valdeorrés Florencio Delgado.
O concurso ten como temática deste ano o Camiño de Santiago e…
Obradoiros, regueifas, concertos... son algunhas das actividades que recorrerán os centros educativos a través do programa Correlingua. Máis de 20 festas amenizarán as escolas galegas entre maio e outubro, co obxectivo de dinamizar a lingua.
Na presentación desta edición, que se celebrou na Deputación de Lugo, o presidente da Asociación Cultural Correlingua, destacou que se sigan…
O documental "1981, Ano zero da língua galega" xa se pode ver na rede tras a súa estrea o pasado sábado, 26 de marzo, na sala Juanjo Gallo da Deputación da Coruña. Trátase dun traballo audiovisual da AGAL (Associaçom Galega da Língua), dirixido por Diego Frey, no que diferentes voces opinan sobre os 40 anos…
María Vázquez é unha das intérpretes galegas máis coñecidas dentro e fóra do país pola súa extensa traxectoria nos eidos teatral e audiovisual, referendada por diversos galardóns nos últimos anos. Formada no Estudo Internacional do actor Juan Carlos Corazza e no Teatro da Danza de Madrid, conta con estudos de danza e música no Conservatorio…
A Área de Normalización Lingüística (ANL) da Universidade de Vigo está a levar a cabo un novo volume do libro A lingua galega en 2050. Dentro deste exemplar incluirase o texto do gañador do Premio A lingua galega en 2050 no que fará unha reflexión prospectiva sobre a situación social da lingua galega a mediados…