Saúl Vérez, experto en márketing dixital e amante do tenis, naceu nas Pontes de García Rodríguez, pero chegou a Lugo con 17 anos.
Decidiu dar o paso e mudar de lingua cando comezou a ter conciencia de onde estaba e a onde pertencía: Galicia. Así, empezou a falar galego no seu día a día.
Defende que, independentemente da ideoloxía que as persoas teñen, non debería disgregarse á poboación en partidos políticos segundo falen en galego ou non. É dicir, o galego debería ser algo de calquera galego, sexa do PP ou do BNG.