O Parlamento Europeo está “a estudar todas as posibilidades” en torno ao uso do catalán, o galego e o vasco durante as sesións plenarias despois de que o Goberno enviase en setembro unha carta a Estrasburgo para solicitar a súa admisión como linguas de uso no hemiciclo, segundo indicou a presidenta da institución, Roberta Metsola, nunha entrevista con Europa Press tal e como recolle Galicia Confidencial.
Metsola confirmou que a petición, anunciada a finais de xullo pero que lle foi remitida polo Goberno de Pedro Sánchez a O galego podería falarse de forma oficial no Parlamento Europeomediados de setembro, foi trasladada á Mesa do Parlamento Europeo, o órgano encargado de tomar unha decisión respecto diso, pero matizou que o asunto segue pendente porque os servizos parlamentarios están a examinar “cales son as posibilidades”.
No entanto, lembrou que desde o ano 2006 “calquera cidadán español pode escribir ao Parlamento Europeo ou dirixirse a esta institución en calquera idioma oficial de España” e, neses casos, a resposta ao cidadán cúrsase “no idioma escollido” por este.
A proposta española chegou despois de que se acordase na mesa de diálogo entre o Goberno e Generalitat o pasado 27 de xullo, pero necesita o visto e prace dos Vinte e sete para saír adiante. Para que un idioma poida ser utilizado durante o pleno da Eurocámara debe ser considerado unha lingua oficial na UE, un status que actualmente se concedeu a 24 idiomas europeos entre os que non se atopan o catalán, o galego e o eúscaro.
Un precedente similar é o do gaélico, que desde 2007 empezou a ser considerado lingua oficial e de traballo na Unión Europea, aínda que a adhesión de Irlanda remóntase a 1973.