O catalán acaba de converterse no idioma 63 da famosa platafora Spotify. Un feito que se produce logo de que o todopoderoso FC Barcelona asinara un acordo con esta copañía para impulsar o catalán nesta plataforma.
“Neste outubro actualizamos a experiencia móbil de Spotify para apoiar a lingua catalá, facendo o noso app máis accesíbel a falantes cataláns… O catalán xa leva na nosa plataforma desde algún tempo e agora estamos entusiasmado en acelerar este lanzamento”, apuntou Marc Hazan, VP de Desenvolvemento Empresarial desta plataforma.
Pola súa banda, o presidente do Barcelona, Joan Laporta, destacou que o acordo con Spotify vai máis alá dunha relación comercial, é unha relación estratéxica. “Eles entenderon a nosa cultura e a importancia do catalán como a nosa lingua e lingua do clube”, indicou.