Meire de Mello vive na Coruña, pero é de São Paulo, Brasil, onde coñeceu ao seu mozo, quen lle transmitiu o amor polo galego.
Cando chegou a Galicia, chamoulle a atención que a xente non falaba moito galego, a pesar de que é a nosa lingua.
Ela, como brasileira, pregúntase: “Non sería mellor mirar un pouco máis cara ao portugués?”