Marina Hurtado é pianista e mestra de piano e vive en Galicia desde hai catro anos, cando marchou de Venezuela.
Desde o primeiro momento en que chegou a Galicia, tivo claro que tiña que falar o idioma, pero non foi ata hai 2 anos, cando aprobou o Celga 4, o momento no que decidiu incorporar a lingua á súa vida cotiá.
“É un idioma que non quero que se perda porque está moi arraigado á cultura e cada vez que falo galego sinto que estou reivindicando algo no que creo”.