Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Identidade de xénero e variación lingüística centran os relatorios da nova edición de ‘LingüisticaMente’

A Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acollerá este venres 12 de decembro unha nova edición de LingüisticaMente. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística, unha xornada promovida polo Instituto da Lingua Galega (ILG), o Instituto de Psicoloxía (IPsiUS) e o Grupo Procesos Cognitivos e Conduta da USC. O encontro celebrarase na sala de xuntas do centro e está concibido como un espazo de intercambio entre disciplinas que analizan a linguaxe desde diferentes perspectivas.

O programa iniciarase ás 12:00 horas coa intervención de Lucía Vieitez (IPsiUS), que abordará ‘O rol da identidade de xénero na interacción entre a gramática e a emoción’, unha conferencia centrada nas relacións entre factores identitarios e procesos lingüísticos. A continuación, ás 13:00 horas, será a quenda de Francisco Dubert (ILG), que presentará o relatorio ‘Como se representa a variación na competencia lingüística’, no que exporá liñas de investigación arredor da diversidade interna das linguas e a súa representación cognitiva.

A asistencia é libre ata completar a capacidade da sala. As persoas interesadas en obter un certificado de participación deberán facilitar os seus datos o propio día da actividade para a súa posterior emisión.

Leave a comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.