Sés, Ortiga, Grande Amore, Caamaño & Ameixeiras e The Rapants son os novos nomes que se suman ao Revenidas, un exemplo de como o festival aposta pola música en galego e feita en Galicia. Do día 7 ao 11 de setembro, Vilaxoán encherse de música coa programación que acolle a edición deste ano.
Este ano o cartel está composto por nomes como Monolious Dop, Boikot, Lendakaris Muertos, Tanxugueiras, Baiuca, Dakidarría ou os portugueses Plectro, aos que se lle suman os artistas presentes nas actividades paralelas Concertos a bordo, que se celebrarán os días 10 e 12. Este formato consiste en concertos nun barco da ría, cun agora máximo de 12 persoas, o que os converte en actuacións de carácter máis íntimo. Antía Muíño, Xabier Díaz, e Grande Amore, Guadi Galego, Boyanka Kostova e Cardalda e Dopico serán os artistas cuxa música se poderá gozar neste espazo tan único.
Ademais, o vindeiro día 4 será a primeira cita coa música, coa Festa de Presentación na Cofradía Cultural de Vilanova. Boyanka Kostova e La Duendeneta amenizarán o encontro, no que ademais se sorteará un abono doble para o Festival é merchandising.